viernes, 22 de mayo de 2009

MADE IN GALIZA= UF!

Cada día convénzome máis que a riqueza que dá traballar nun instituto non ten case comparación con nada. E non só riqueza en canto a intercambio de información “curricular” senón no tocante á cultura en xeral.

E relacionando o parágrafo anterior, esta entraba está adicada aos libros (como non).

Antonte un amigo do insti pasoume un libro fantástico, e iso que fai unha semana lin O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR (Agustín Fernández Paz) e crin que era daqueles libros que na miña lista estaría dos primeiros e que non tería igual. Pois ben, aquí vos presento o primeiro (polo de agora) co que non só rin un montón, senón que ademais certos relatos deixáronme unha sensación moi bonita que non sei como explicar. O libro é MADE IN GALIZA de Séchu Sende: MARABILLOSO.

De todos os relatos (que non teñen desperdizo vos invito a que leades o titulado UF que non vos levará máis de tres minutos e que quedará en vos polos restos. Atopei o libro colgado en google polo mesmo autor, así que aínda que tendes que compralo, podédelo ler no ordenador:

MADE IN GALIZA

[É gracioso como algúns pasan por pouco profundos ou queren eles colgarse esa etiqueta, e logo gostan de certos relatos coma éste… en fin… temos moito que descubrir nas persoas!!!]

lunes, 11 de mayo de 2009

presentación libro de MELI: YARED E A RECICLAXE


Aquí estamos, pendente deste novo acto cultural (e seguro que familiar) da man da miña querida amiga MELI.
Preséntase o 3º libro da colección de YARED, escrito por ela.
Segundo teño entendido, de boa fonte, que será unha presentación atípica, que nos fará sentir o conto na súa esencia coa axuda duns pequerrechos que xa coñecedes e da que SEGURO, disfrutaremos todos nós.

Data: XOVES, 14 DE MAIO
Hora: ÁS 20.00 h.
Lugar: LIBRARÍA LIBROURO

Non volo perdades!!!!!

lunes, 4 de mayo de 2009

A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO



Adaptación do único conto para nenos que escribiu José Saramago.

Un escritor que non se sinte capaz de escribir unha historia para nenos, comeza a relatar como sería esta historia que quere contar. As palabras do escritor deixan paso á historia que o autor non é quen de escribir.

O protagonista é un neno duns sete anos que unha tarde de verán decide explorar o fascinante mundo existente a cinco minutos da súa casa.

Durante esta aventura chegará a un souto reseco e inhóspito onde atopa unha flor murcha. O neno non dubida en axudar á flor para que recupere toda a súa beleza e vai na procura de auga. O traballo para este neno é inmenso e esgotador, pero el pon todo o seu empeño, e a flor non so renace, senón que medra dunha forma fantástica converténdose na flor máis grande do mundo e, probablemente, na máis fermosa.

Cando o escritor remata o seu relato decátase de que a historia xa nola acaba de contar… “Ao remate foi doado contar a historia. Agora que xa coñeces o argumento, como nola contarías ti?”

FONTE: http://flocos.tv/

PODEDES VER O CORTO MILLÓNS DE VECES... QUE SEGUIREDES ATOPANDO COUSAS NOVAS, DETALLES INCRIBLES,...

viernes, 1 de mayo de 2009

SOÑOS DE ALGODÓN EN MEIS


Onte visitamos a Biblioteca Municipal de Meis.
Fixemos un obradoiro sobre o libro SOÑOS DE ALGODÓN:
1.- Explicamos o proceso de elaboración do libro que empeza sendo unha idea na cabeza e remata cun libro nunha estantería da bibliteoca ou da libraría.
2.- Lectura do conto con Alba.
3.- Elaboración dun conto propio por cada neno.

Un día ben bonito, uns rapaces moi educados e uns contos de calidade.
Hai unha manchea de potenciales escritores en MEIS.... SEGUIDE ASÍ!!!!!!!!
graciñas a todos!!

para mis niños ALBA Y YARED, de su mamá

Es pronto para comprender
Que pueda mirarte y verme a la vez
Que escuches hoy mi voz que tanto te cantó los meses que tú fuiste yo
Es pronto para comprender
La vida es tan bella como tú la quieras ver

Si lloras, cantaré
si sufres, te hablaré
si mueres, moriré también

Si te cuentan que lloré cuando te cogí en mis brazos
No me pude contener porque te quiero tanto

Es pronto para comprender verás cómo el mundo es injusto y cruel
Porque un amanecer sin nada que perder es muy difícil de entender

Si te cuentan que lloré cuando te cogí en mis brazos
No me pude contener porque te quiero tanto
Porque te quiero tanto
cómo el mar a su verano,
Cómo el dolor a su amigo el engaño
Cómo el sol cuando ve nacer una flor

Si te cuentan que lloré cuando te cogí en mis brazos
No me pude contener porque te quiero tanto
porque te quiero tanto
porque te quiero tanto
porque te quiero tanto

http://www.laorejadevangogh.com/

FARO DA CULTURA - 30 ABRIL

UNHA PEQUEÑA RESEÑA NA SECCIÓN: "ANDEL DE NOVIDADES"

LIBROS Y OBRAS DE ARTE!!!!

Ya he recibido anticipadamente el regalo del Día de la Madre: Una flor de Alba, un mariquita-pisapapeles de Yared y un par de libros de su papá.

Y os voy a hablar de los libros: FANTÁSTICOS! ambos son de la Editorial BÁRBARA FIORE y llegan a ser una obra de arte. Alucinantes. Os pego las sinopsis de la Editorial:

EMIGRANTES de Shaun Tan.:
¿Qué es lo que lleva a tanta gente a dejarlo todo atrás para viajar hacia un país desconocido, un lugar en el que no tienen familia ni amigos, donde nada tiene nombre y el futuro es una incógnita? Esta novela gráfica sin palabras es la historia de cualquier emigrante, refugiado, desplazado, y un homenaje a todos los que han realizado el viaje.



Si quieres leer lo que se ha dicho del libro o lo que explica su propio autor pincha en la foto.



EL ÁRBOL ROJO:

A veces el día empieza vacío de esperanzas. Shaun Tan nos describe el día de la joven, retratando un mundo de sueños en el que lo fantástico se transforma en realidad, un viaje desde la desesperación a la esperanza. La joven camina cabizbaja por las calles de un mundo surreal, nadie entiende nada, el mundo es una máquina sorda sin sentido ni lógica. Los problemas llegan todos de golpe y las experiencias maravillosas se escapan. El futuro se percibe como una amenaza y la soledad se suma a la confusión. Sin embargo cuando parece haber perdido toda ilusión aparece inesperadamente, misteriosa y luminosa, la esperanza. Un álbum poético y esperanzador. Para más info pincha en la foto

UNAS JOYAS...

FELIZ DÍA!!!!!!!!!!!!