jueves, 1 de abril de 2010

Qué hacer con niños y en Vigo en Semana Santa


30-31 de marzo e 1-2 de abril de 2010
OBRADOIROS DE SEMANA SANTA 2010.
“UNHA SEMANA DE CONTO”
Horario de 11 a 13 horasPrezo1 € / asistente.
Nenos/as a partir dos 5 anos.

O conto é o xeito máis fácil e natural de achegar aos nenos á lectura, pero tamén é oralidade, hábito de escoita, imaxinación, diversión... Experimentaremos todas estas sensacións no tempo de lecer dos máis cativos.
A actividade estruturarase en tres partes: presentación do conto do día; un segundo tempo de creatividade, obradoiros e xogos contextualizados e concluiremos creando o noso propio conto.

Martes 30 de marzo. “Quen levou a lúa”Presentación do conto. Obradoiro: lúa de feltro para facer imáns; elaboración do noso caderno onde escribiremos ou debuxaremos cada día unha parte do noso conto. Avaliación final no caderno.
Mércores 31 de marzo. “O zoo de Xoquín”Presentación do conto “éche outro conto” (conto alternativo que contan os rapaces con ilustracións sen textos). Obradoiro “con pinzas”: morcego, camaleón, abella e obradoiro de Xoquín no que os nenos pegarán debuxos de animais; xogos contextualizados. Realización do conto. Avaliación final no caderno feito o primeiro día.
Xoves 1 de abril. “O traxe de luces”Presentación do conto. Obradoiros: facer monicreques de pau e contar o conto mentras os nenos o escenifican. Avaliación final no caderno feito o primeiro día.
Venres 2 de abril. “Un pesadelo no meu armario”Presentación do conto (dramatización por escenas logo de ter contado o conto). Obradoiro: monstro-marioneta que se agacha con vaso de plástico. Avaliación final no caderno feito o primeiro día.

No hay comentarios: