Un ano máis festaxamos esta data, que para algúns aínda nos é singular e a acollemos con ledicia xa que os libros forman parte da nosa vida (emocional, profesional, personal...)
No noso instituto xa preparamos a algúns rapaces para que sexan contadores de contos para os máis cativos dos outros centros escolares da zona, motivo polo que están moi nerviosos e cada día perfeccionan máis a técnica.
E na nosa cidade temos, como nunca, cantidade de iniciativas institucionais e privadas para adicar ao divertimento na mañá do sábado. Imos con elas:
"REGALAMOS CONTOS CONTADOS"
Entrada de balde
Sábado 2 de abril de 12 a 13.00
Entrada de balde
Sábado 2 de abril de 12 a 13.00
Que non, que non nos cansamos de ser unhas regalonas, sen preguizas co novo horario, máis ben renovadas e con moitas ganas de facer pelesguedellas, aínda que sexa aos poucos.
Así que convidámosvos un día máis, unha mañá de sábado máis, día 2 de abril, coa perspectiva da fin de semana por diante, a virdes a Peles Guedellas, en horario de media mañá, ás 12h. coas sabas ben despegadas xa. Esperámosvos, desexosas de mostrarvos os mobles novos.
Verbum - Casa das Palabras
TEATRO: OS RATOS DA BILIOTECA
Para nenos de 3 a 8 anos
Entrada de balde
Sábado 2 de abril de 12 a 12:45
Co gallo da celebración o 2 de abril do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil o Verbum – Casa das Palabras vai contar cuns convidados de excepción: os Ratoncios de Lonxedetodo, unha familia de ratos de biblioteca que nos presentarán unha historia con plantexamento, nó e desenlace, na que se intercalan dous ou tres contos, recítanse poesías, cántanse c...ancións, dinse adiviñas...

Biblioteca Xosé Neira Vila (Avda. Martínez Garrido 21)
OBRADOIRO HANS CHRISTIAN ANDERSEN
Por mor da celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, o centro únese á meta da UNESCO de promover a difusión do libro entre os máis novos, para fomentar o seu enriquecemento cultural. Para festexar o nacemento duns dos autores máis célebres da literatura infantil, Hans Christian Andersen, ofrecerase unha actividade lúdica baseada na figura deste gran escritor e do seu mundo fantástico.
O aforamento é limitado. Esta actividade é aconsellable para nenos dende 5 anos ata 12 anos.
Entrada de balde e aforo limitado (reservar a través do facebook ou e-mail)
Sábado 2 de abril ás 17.00h
Sábado 2 de abril ás 17.00h
Almudena Janeiro, autora de "Contos en cantos".
Almudena nos ofrecerá su especial visión de alguno de los mejores cuentos que tenemos actualmente en nuestra librería. Seguramente conocereis su voz, por la magnifica interpretación en Contos en Cantos de OQO.

B.P.M. de PONTEAREAS
E finalmente, aínda que non en Vigo pero cerquiña, eu estarei na Bilioteca Pública Municipal de Ponteareas, cun obradoiro de contada e creación de contos co Kamishibay.
No hay comentarios:
Publicar un comentario