sábado, 1 de mayo de 2010

FERIA DEL LIBRO EN SANTIAGO

Podemos aproveitar o ano santo, facer a peregrinación...e visitar a feira:

Arranca a feira do libro en SANTIAGO DE COMPOSTELA, de novo na Alameda.

Un ano máis ao chegar maio o Paseo da Alameda volve encherse de libros. Libreiros e editoriais expoñen as súas novidades nas 22 casetas que permanecerán abertas do 1 ao 9 de maio, de 11 a 21.30 horas. Unha feira que se completa con presentacións, recitais e actividades de animación á lectura para os pequenos e pequenas.

No hay comentarios: