lunes, 10 de mayo de 2010

FESTIVAL DE TÍTERES DE REDONDELA


(Memorial Juanjo Amoedo)

Do19 ao 23 de Maio de 2010

Na terceira semana do vindeiro mes de maio celebraráse na vila de Redondela a undécima edición do FESTIVAL INTERNACIONAL DE TITERES . Unha manifestación cultural e festiva que como cada ano encherá as rúas e prazas da cidade coas propostas de músicos, actores e titiriteiros chegados dos países máis diversos.Nesta ocasión a variedade e diversidade dos espectáculos que se presentarán do 19 ao 23 de maio en Redondela son do máis completo: manipulación de obxectos, monicreques de mán, de luva, de variñas; marotes e marionetas de fíos, monecos tradicionais de madeira, xogos participativos, sombras chinas……Multitude de técnicas de manipulación e maneiras de facer escenificadas por artistas de Brasil, Italia, Francia, Arxentina, India, Bélxica, Cataluña e Galicia.

As actuación na rúa son de balde e as que se desenvolven no AUDITORIO MULTIUSOS DA XUNQUEIRA custan Nenos: 3 € e Adult@s: 5 €
Apertura de billeteira: Dúas horas antes de cada función (Sábado:16 hs. Domingo:12 hs. e 16 hs.) Aforo limitado.

No hay comentarios: