sábado, 13 de noviembre de 2010

NOVAS ACTIVIDADES PARA NENOS NOS MUSEOS DE VIGO

COMEZAMOS:

MARCO: MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA
O INSTANTE DETIDO
Nestes meses, o programa educativo do MARCO, dirixido a escolares e público familiar, céntrase na exposición de VIRXILIO VIEITEZ. As visitas e obradoiros, especialmente deseñados para distintas idades, permitirannos achegarnos á súa obra e analizar distintas formas de captar e percibir a realidade a través do ollo dunha cámara, con especial atención ao xénero do retrato dentro da fotografía.
Para nenos/as a partir de 3 anos..Do 30 de outubro ao 31 de decembro 2010·sábados e domingos de 12.00 a 14.00·
Lugar: salas de exposición e Laboratorio das Artes (1º andar)·
Entrada libre e gratuíta ata completar aforo.

MUSEO DO MAR DE GALICIA
OBRADORIO: OS SENTIDOS DOS ANIMAIS DO MAR
Datas: os sábados 13 e 20 de novembro
Horario: de 16.30h a 18.30h

Se vos queredes apuntar podedes facelo chamando ao teléfono 986247750 ou
A idade mínima para participar é de 7 anos, e sempre acompañado dun adulto.


VERBUM, CASA DAS PALABRAS
TÓCAME CÓNTAME

domingos de novembro de 2010 de 12.00 a 13.30 horas
Prezo  1 € / asistente (afoto limitado e entrada por orde de chegada)
nenos/as a partir dos 5 anos.

Os obradoiros de Relato Sonoro “Tócame Cóntame” están pensados para que cada neno descubra as súas propias capacidades de expresión. Para iso partimos do concepto literario de relato, proxectándoo cara ao ámbito sonoro e musical para así estimular a consciencia sonora do mundo e a capacidade xeradora de discurso (aplicable tanto ao sonoro/musical como ao literario), tomando como base tanto as ferramentas expresivas propias de todo humano como aquelas complementarias que o mundo nos doa ou que tecnoloxicamente desenvolvemos.

Domingo 14 de novembro – A linguaxe do corpo
Traballaremos a expresión a través de sons producidos voluntariamente no noso corpo con e en calquera das súas partes e instrumentos: voz, mans, pernas, etc., e, creando os nosos propios ritmos, iremos tecendo pequenas estruturas narrativas a través destes sons.

Domingo 21 de novembro – A linguaxe das cousas
Continuaremos utilizando as ferramentas corporais (engadindo tamén movemento e xesto) e integraremos sons producidos en interacción con diversos obxectos sonoros e instrumentos musicais de funcionamento sinxelo para seguir creando estruturas narrativas nas cales introduciremos a melodía como fío condutor ou argumento.

Domingo 28 de novembro – A linguaxe da comunidade
Utilizando as ferramentas desenvolvidas nas sesións anteriores crearemos un relato colectivo, unha historia sonora na que o grupo manifeste a súa propia sinfonía, que será o resultado do consenso harmónico entre todas as voces.

CINE PARA CATIVOS: Programación de actos con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero (ás 17.30h.)
13 de novembro: "Pérez, o rato dos teus soños", infantil, en galego.
14 de novembro: "Niki, aprendiz de bruja", infantil, en castelán.
21 de novembro: "Mi vecino Totoro", infantil, en castelán.
28 de novembro: "La brújula dorada", xuvenil, en castelán.


LIBRERÍA PELES GUEDELLAS
REGALAMOS CONTOS CONTADOS CHEOS DE BICOS e ABRAZOS

Sábado, 13 de Novembro · 11:30 - 14:30
unha nova sesión de contacontos para toda a familia
Noto: pola tarde haberá sesión de contacontos para adultos.
 

No hay comentarios: