Teño que dicir que dunha primeira volta os alumnos non tiñan nin idea que lles poidera saír algo interesante... Agora sodes vós os que podedes dar a opinión.
Tristemente convivo coa túa ausencia
sobrevivo á distancia que nos nega
mentres bordeo a fronteira entre dous mundos
sen decidir cal deles pode darme
a calma que me esixo para amarte
sen sufrir pola túa indiferencia
a miña retirada preventiva
dunha batalla que xa sei perdida
resolto a non entrar xamais en ti
pero non á tortura de evitarte.
ACTIVIDADE:
Elixe tres palabras desta poesía de Lois Pereiro e crea a túa propia idea/oración/sentimento...
Ata agora xamais vin unha batalla perdida. NINOSKA
Na fronteira que nos separa, tristemente quedei perdido de amor. DAVID GÓMEZ.
Nun mundo tan triste se pode ser feliz amando a alguén. EDUARDO.
Nos dous mundos hai unha batalla que semella unha tortura. ALEJANDRO PÉREZ.
Tristemente con evitarte, meu corazón vexo sufrir. ELENA SALGADO.
A distancia que hai entre dous mundos sepáranos a ti e a min. GONZALO.
Na fronteira que separa a batalla da vitoria, vexo esta batalla perdida. ELENA BRAVO.
Non podo evitar unha preventiva tortura no meu corazón. BRAIS DGUEZ.
Entre dous mundos sen amor non existe calma no teu interior. ELENA MANSINHO.
Non sobrevivo coa fronteira que separa os nosos mundos. LUCAS RGUEZ.
Dous mundos: o amor e a felicidade.
Dous mundos diferentes.
Prefiro retirarme antes de sufrir por ti. ADRIÁN FANDIÑO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario