viernes, 25 de septiembre de 2009

CURSO DE CONTACONTOS PARA ADULTOS

EU XA ESTOU ANOTADA... TEMOS MOITO QUE APRENDER!
DATOS DO BLOGUE DE KALANDRAKA:
O narrador Tim Bowley vai impartir un curso de contacontos para adultos, co lema Sementes ao vento, que se celebrará en LIBROS PARA SOÑAR os días 16 e 17 de outubro. O curso está dirixido a docentes e profesionais relacionados co ensino, animadores de tempo libre, libreiros, bibliotecarios e persoas interesadas na narración oral como estratexia para animar a ler e como medio de expresión dirixido ao público infantil.
A primeira sesión, o venres 16 de outubro, será de 17:00 a 21:00 horas; ao día seguinte, a duración da actividade ampliarase en horario matinal de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 pola tarde. A inscrición para o curso, de prazas limitadas, custa 60 euros e poder formalizarse en LIBROS PARA SOÑAR, en horario comercial.
Este narrador británico afincado en Galicia é especialista en historias da tradición oral de todo o mundo. Ten publicados dous álbums infantís, “Xaime e as landras” e “Amelia quere un can”, ambos en KALANDRAKA. Tamén é autor dunha antoloxía narrativa editada en 1990 no Reino Unido e do libro de relatos “Semillas al viento: cuentos del mundo”, publicado en 2001. Con máis de 20 anos de experiencia como contacontos, Tim Bowley ten actuado en numerosos países de Europa, Asia e América.

No hay comentarios: