sábado, 14 de noviembre de 2009

7º ANIVERSARIO DO MARCO... non volo perdades!!


‘7 xogos para 7 velas’_Talleres para familias

Selección das mellores actividades didácticas do MARCO nos últimos anos
Selección de pezas audiovisuais do Festival ArtFutura nos últimos anos
Nenos/as a partir de 3 anos acompañados de persoas adultas
· Lugar: Laboratorio das Artes
· Horario: venres de 18.00 a 20.00; sábado e domingo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00

Como cada ano nesta ocasión, o departamento educativo do MARCO ten preparada unha programación especial de talleres e actividades para familias. Para este 7º aniversario realizouse unha selección das actividades didácticas realizadas nos últimos sete anos que tiveron mellor acollida entre o público infantil, adaptables na súa duración e características en función do número de participantes. Todo iso terá lugar no Laboratorio das Artes, o espazo de didáctica do 1º andar. Ademais, realizouse unha selección de pezas aptas para público infantil do programa audiovisual do Festival ArtFutura nos últimos anos, para que os máis pequenos poidan gozar das mellores creacións de programas como ‘Funnies Futura’ ou ‘3D en España’.
‘Cada obra coa súa parella’

Xogos de busca e correspondencias de imaxes/catálogos
· Lugar: Biblioteca-Centro de Documentación
· Horario apertura: sábado e domingo de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00
· Horario xogos: sábado e domingo ás 12.00 (sesión1/sesión2) e ás 18.00 (sesión2/sesión1)

Unindo os seus obxectivos de difusión da cultura contemporánea, coa familiaridade e coñecemento da programación do MARCO, a Biblioteca-Centro de documentación do MARCO propón para esa fin de semana un xogo de buscas e correspondencias entre imaxes e catálogos que porá a proba a memoria e a percepción visual dos participantes. Trátase de analizar unha selección de 15 fotografías de obras que estiveron presentes en mostras colectivas do MARCO ao longo destes sete anos, e localizar o nome do artista, título da obra e exposición correspondente. Como axuda documental, na mesma sala sitúase un conxunto de catálogos de exposicións do MARCO. Para que cada persoa poida participar máis dunha vez, o xogo ten dúas modalidades ou sesións, con obras e autores diferentes. Os premios consisten en lotes de catálogos e pases para todas as sesións do programa audiovisual de ArtFutura, que durante estas semanas se exhibe no salón de actos.

No hay comentarios: