jueves, 30 de septiembre de 2010

ESPAZOS SONOROS NA ILLA DE SAN SIMÓN (xa temos entradas para o 23!)

Do 09 de outubro de 2010 ó 30 de outubro de 2010

Se é unha obriga visitar e coñecer á Illa de San Simón...escoitar alí música tradicional ten que ser algo que non se pode deixar de facer! ten que ser marabilloso, seguro.

Aquí tendes a Nova:

A illa de San Simón acollerá durante o mes de outubro catro concertos da terceira edición do ciclo de música Espazos Sonoros.

Nesta edición 2010, os catro espectáculos da Illa de San Simón están programados para as 19 horas do serán.

O sábado día 9 de outubro, será a quenda de Dona Rosa. A artista portuguesa interpretará fados e cancións tradicionais do seu país acompañada por Ciro Bertini ao acordeón, Raúl Abreu coa guitarra portuguesa e Sofía Borges á percusión.

O sábado 23 de outubro, poderemos presenciar a actuación dun conxunto alemán que sorprenderá pola súa peculiar forma de interpretar música antiga, o Ensemble Oni Wytars, que nos transportará do océano Atlántico ao mar Mediterraneum, a través dunha viaxe por músicas de diferentes épocas e procedencias.

O domingo 24 de outubro, o grupo suízo La Cecchina recreará a Florencia de 1600 e o ambiente festivo que debeu rodear á voda de María de Medici e o rei Enrique IV de Francia no palacio Pitti.

O sábado 30 de outubro, a artista Josephine Foster xunto coa Víctor Herrero Band, pechará o ciclo de concertos cun concerto que leva por Canciones Antiguas Españolas.

Para asistir aos concertos do ciclo de música Espazos Sonoros na Illa de San Simón, cómpre adquirir os billetes do barco que fará o servizo de transporte ata a illa a través do servizo de compra on-line Servinova (10.75€ e 0.75€ menores de 6 anos). As saídas dos barcos se realizarán desde o porto de Cesantes - Redondela

Se queredes máis información, descargas, imaxes, etc. no apartado Eventos da web en www.espazossonoros.org .

No hay comentarios: