sábado, 12 de noviembre de 2011

Col. ESTE ES NUESTRO MUNDO /ESTE É O NOSO MUNDO


A colección "ESTE É O NOSO MUNDO", ten por obxecto achegar unha serie de orientacións teórico-prácticas sobre diferentes temáticas relacionadas co desenvolvemento integral do alumnado de 3-8 anos para favorecer o proceso de ensinoaprendizaxe axudando ao profesorado a través dunha intervención de carácter preventivo (anticipándose a posibles dificultades), indirecta (a nivel grupal) e ordinaria (dentro do currículo e a clase.

Cada volume consta de tres partes:

MANUAL PARA O PROFESORADO
Achega a información máis importante que debe saber o docente e explica como actuar preventivamente no seu grupo-clase. Para iso, ademais da teoría, centrarase en actividades a nivel grupal para desenvolver na aula.

CADERNO DO ALUMNO/A
Centrado en tarefas concretas que se poden desenvolver no propio libro. Xiran arredor dun eixe condutor (O club dos Investigadores) de carácter lúdico e dinámico, a través do cal o alumnado a partir de centros de interese propios das etapas de 3-8 anos, irá desenvolvendo o seu proceso de ensino-aprendizaxe por descubrimento.

DVD
Programa interactivo para desenvolver no encerado dixital ou de xeito individual nos ordenadores

 



No hay comentarios: