domingo, 20 de mayo de 2012

De volta...

Retomo a miña actividade no blogue despois dunha loita personal co facebook.
Ben certo é que o facebook é moi inmediato: ti colgas algo no taboeiro e rapidamente alguén o comenta o dalle ao "Gústame". Tamén ten algo máis ao seu favor: os amigos que tes no feis comparten os mesmos gustos, motivacións, intereses ca ti polo que é doado manter unha conversa ou seguir unha mesma temática entre varios.

Pero o blogue, para min, faite reflexionar sobre qué colgar, cómo facelo, cómo ilustralo e, sobre todo, nunca sabes quen vai lelo polo que non debes ser irrelevante nin ferir sentimentos.

Despois desta pequena reflexión, déixovos uns poemas ... poemas que coñecín onte da man dunha sabia persona (inciso: cómpre na vida agocharse entre persoas sabias porque sempre nos ofrecen infinidade de cousas interesantes e, pode, que faga parecernos máis sabios)

Voltando aos poemas, só dicirvos os títulos e o autor... vós simplemente gostaredes destas poesías:

Apartheid Soneto (Avelino de Araújo)

 "Soneto América Latina" (A. Araújo)

No hay comentarios: