domingo, 1 de marzo de 2015

TEU NOME POR MAR E TERRA. A cada canto.





Quero cravar o teu nome
cunha navalla de lúa 
nos outos muros da noite.

Nun pano cor de limón 
pon o teu nome e no mar 
ízao no mastro maior.

Vou escribilo na area 
có tinteiro de alborada 
pra que o vexan as sereas.

Se o teu nome naufragase 
ían saber a vainilla 
as augas dos sete mares.

Con branco fío de escuma
vouno bordar na bandeira 
dunha nao que sae pra Cuba.

Pra Cuba non, meu amor, 
quero que vaia o meu nome 
prá illa de Curaçao.

Se o teu nome naufragase 
ían saber a vainilla 
as augas dos sete mares.

Prá illa de Curaçao.

No hay comentarios: