viernes, 3 de abril de 2009

2 abril: DÍA INTERNACIONAL DEL LIBRO INFANTIL Y JUVENIL

PUBLICADO POLO CONCELLO DE PONTEAREAS

O 3 de abril a Biblioteca celebra o Día internacional do libro infantil e xuvenil

Co gallo da celebración no mes de abril do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, a escritora de literatura infantil, Amalia Pérez Otero, fará unha viaxe polo universo da imaxinación, a través dunha actividade de contacontos da súa propia autoría que levaráse a cabo o día 3 de abril ás 18 horas na Biblioteca Municipal e irá dirixido a nenos e nenas, de idades comprendidas entre os 5 e 10 anos.
Esta actividade, está programada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas e a Biblioteca Pública Municipal e encádrase dentro do programa de animación á lectura da Consellería de Cultura e Deportes, dentro do programa Letras Vivas.

No hay comentarios: