sábado, 4 de abril de 2009

CONTACONTOS PONTEAREAS, con ALBA


O venres 3 de abril fixemos a sesión de contacontos a través de Letras Vivas na BIBLIOTECA MUNICIPAL DE PONTEAREAS para o que veu Alba a axudarme: Foi a nosa cociñeira e secretaria, actuando coma unha profesional.
O caso é que no noso LECTAURANTE atopámonos con unha chea de rapaces... nada máis que... 71 nenos e nenas de pequerrechos a grandes.
Podédelo crer?? 71, nin máis nin menos.
A convocatoria foi firme aínda que Consejo (a organizadora do Concello) tiña a súas dúbidas.
Pois dentro de seren tantos nenos, parece que lles gustou.
A nós tamén.
GRAZAS CONSEJO, GRAZAS RAPACES DE PONTEAREAS.

No hay comentarios: