viernes, 22 de mayo de 2009

MADE IN GALIZA= UF!

Cada día convénzome máis que a riqueza que dá traballar nun instituto non ten case comparación con nada. E non só riqueza en canto a intercambio de información “curricular” senón no tocante á cultura en xeral.

E relacionando o parágrafo anterior, esta entraba está adicada aos libros (como non).

Antonte un amigo do insti pasoume un libro fantástico, e iso que fai unha semana lin O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR (Agustín Fernández Paz) e crin que era daqueles libros que na miña lista estaría dos primeiros e que non tería igual. Pois ben, aquí vos presento o primeiro (polo de agora) co que non só rin un montón, senón que ademais certos relatos deixáronme unha sensación moi bonita que non sei como explicar. O libro é MADE IN GALIZA de Séchu Sende: MARABILLOSO.

De todos os relatos (que non teñen desperdizo vos invito a que leades o titulado UF que non vos levará máis de tres minutos e que quedará en vos polos restos. Atopei o libro colgado en google polo mesmo autor, así que aínda que tendes que compralo, podédelo ler no ordenador:

MADE IN GALIZA

[É gracioso como algúns pasan por pouco profundos ou queren eles colgarse esa etiqueta, e logo gostan de certos relatos coma éste… en fin… temos moito que descubrir nas persoas!!!]

4 comentarios:

MARÍA CORUÑA dijo...

oooolaaaaa! pois eu tamén o lin recentemente e direiche que me encantou. O do método bulinsky é boísimo. e o que me chegou ao fondo é o dos paraugas: casualidade-destino-premeditación e alevosía.
dicirche que teño os mesmos gusto ca ti.
NORABOA!

manu dijo...

Amalia ¿qué quieres decir con lo de la etiqueta? ¿a quién te refieres? al final, aunque vayamos de duros, todos tenemos nuestra parte menos dura: jajá!!!
besos y sigue recomendándonos estos libros tan chulos!

AMALIA OTERO dijo...

grazas María. Opino o mesmo ca ti. o do paraugas gústame porque parece unha casualidade pero ten unha man detrás. ¿é así a nosa vida? porque na miña hai moito de casualidade, agora hai que pensar se tamén hai alguén detrás. aínda que si me paro a pensar podo dicir que si, nas cousas importantes (as boas e as malas) sempre houbo alguén. en fin.... para a miña tese.
bicos.

AMALIA OTERO dijo...

Hola Manu... ya sabes que se dice el pecado pero no el pecador... y hay generalidades ¿no? seguramente no.
gracias a vosotros.
Nos vemos!
bicos.