jueves, 11 de noviembre de 2010

IV PREMIO DE RELATOS "MULLERES PROGRESISTAS"

AQUÍ TENDES UN CONCURSO... DE RELATOS... POR SI TENDES TEMPO E GAÑAS!

BASES:
Poderán concursar tódalas Mulleres que o desexen de calquera nacionalidade ou cultura. Cada participante poderá presentar un número máximo de dous relatos.

O tema será libre.

As obras serán orixinais e inéditas. Irán escritas en galego normativo, cunha extensión mínima de 15 páxinas e máxima de 30, a dobre espacio e por unha soa cara, en fonte 12, Arial ou Times New Roman. Se calquera dos contos presentados ao Premio de Relatos Mulleres Progresistas aparecese publicado ou recibise un premio ou mención noutro concurso no prazo da convocatoria quedará automaticamente descalificado.

Cada relato presentarase con pseudónimo e baixo plica cerrada na que figuren os datos da concursante (nome, apelidos, domicilio e teléfono). Caso de presentar dous relatos terán que levar cadanseu seudónimo e cadansúa plica.

1º Premio: 500 Euros, figura e diploma
2º Premio: 250 Euros e diploma
3º Premio: 150 Euros e diploma

Presentación pública das bases en data 20 de outubro de 2010.

O prazo de admisión para a recepción dos traballos péchase o 31 de decembro de 2010.

No hay comentarios: